Aviso legal

No presente Aviso Legal, o Usuario poderá atopar toda a información relativa ás condicións legais que definen as relacións entre os usuarios e o responsable da páxina web accesible na dirección www.casagazpara.es (en diante, “o Sitio Web”), que CASA GAZPARA pon a disposición dos usuarios de Internet.

A utilización do sitio web implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal. Dado que CASA GAZPARA se reserva o dereito a modificar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, o presente Aviso Legal, o Usuario debe lelo atentamente en cada unha das ocasións nas que se propoña utilizar calquera dos contidos e servizos ofrecidos no Sitio Web, xa que este pode ter sufrido modificacións.

Algúns servizos do Sitio Web poden estar sometidos a condicións particulares que substitúen, complementan ou modifican o presente Aviso Legal e que deberán ser igualmente aceptadas polos Usuarios antes de comezar a prestación do servizo en cuestión.

1.- TITULARIDADE DO SITIO WEB

CASA GAZPARA é unha compañía española con domicilio en Baixada de Flores 2, O Carballiño (Ourense) con número de identificación fiscal B32034332 e inscrita no Rexistro Mercantil. Número rexistro sanitario: B32480055.

2.- OBXECTO

O sitio web facilita aos usuarios do mesmo o acceso a información e servizos prestados por CASA GAZPARA a aquelas persoas ou organizacións interesadas nos mesmos.

CASA GAZPARA é o responsable do Sitio Web e comprométese a cumprir con todos os requisitos nacionais e europeos que regulan o uso dos datos persoais dos usuarios. Este Sitio Web garante a protección e confidencialidade dos datos persoais que nos proporcionen de acordo co disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos de Carácter Persoal (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, na Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, así como na Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico 34/2002 de 11 de Xullo (LSSI-CE).

3.- ACCESO E UTILIZACIÓN DA WEB

3.1.- Carácter gratuíto do acceso e utilización da web. O acceso á web é gratuíto salvo en canto ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións proporcionada polo provedor de acceso que contrataron os Usuarios. O acceso ao Sitio Web e, especialmente, a eventual contratación de produtos e servizos que poidan ofrecer a través del, están reservados a persoas maiores de 18 anos, non facéndose CASA GAZPARA responsable das consecuencias derivadas do incumprimento desta medida.

3.2.- Rexistro de usuarios. Con carácter xeral o acceso e utilización da web non exixe a previa subscrición ou rexistro dos usuarios da mesma.

3.3.- Os usuarios comprométense a utilizar os servizos e contidos do Sitio Web de conformidade co establecido na Lei e no presente Aviso Legal, respondendo fronte a CASA GAZPARA ou fronte a terceiros, dos danos e prexuízos que puideran causar como consecuencia do incumprimento de ditas obrigas, e das actuacións levadas a cabo que sexan de carácter ilícito, negligente, fraudulento, ou que contraveñan o principio de boa fe, os usos xeralmente aceptados ou o orde público.

3.4.- Queda expresamente prohibido o uso do Sitio Web con fins ilícitos ou lesivos dos bens, intereses ou reputación de CASA GAZPARA ou de terceiros, ou que de calquera outra forma danen, sobrecarguen ou inutilicen as redes, servidores e demais equipos informáticos (hardware) ou produtos e aplicacións informáticas (software) propiedade de CASA GAZPARA ou de terceiros.

4.- CONTIDOS DA WEB

CASA GAZPARA poderá modificar os contidos sen previo aviso, así como suprimir e cambiar estes dentro da web, como a forma en que se accede a estes, sen xustificación algunha e libremente, non responsabilizándose das consecuencias que os mesmos poidan ocasionar aos usuarios.

CASA GAZPARA poderá libremente suspender, bloquear, interromper ou cancelar o Servizo nos seguintes casos:

1.- Para garantir a seguridade do servizo ou o canal de acceso.

2.- Cando o Sitio Web sexa utilizado de forma fraudulenta ou abusiva.

3.- Cando sexa necesario realizar operacións de mantemento ou reparación do servizo.

4.- Cando se produza un incumprimento por parte do Usuario.

A información e datos proporcionados por este Sitio Web poden referirse tamén a promocións ocasionalmente non dispoñibles, xa sexa por motivos de dispoñibilidade loxística ou por ter cesado na súa oferta. Como resultado do compromiso de mellora continua dos servizos de CASA GAZPARA, os prezos, ofertas, especificacións técnicas ou orgánicas, fotografías dos servizos, instalacións ou materiais poden variar sen previo aviso, así como calquera outra información aquí recollida. Rogamos nos consulte telefónicamente para unha información máis exhaustiva.

Prohíbese o uso dos contidos da web para promocionar, contratar ou divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen a autorización de CASA GAZPARA nin remitir publicidade ou información valiéndose para iso dos servizos ou información que se poñen a disposición dos usuarios, independientemente de se a utilización é gratuíta ou non.
Os enlaces ou hiperenlaces que incorporen terceiros nas súas páxinas web, dirixidos a esta web, serán para a apertura da páxina web completa, non podendo manifestar, directa ou indirectamente, indicacións falsas, inexactas ou confusas, nin incurrir en accións desleais ou ilícitas en contra de CASA GAZPARA.

5.- LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE

CASA GAZPARA procura que os contidos recollidos no seu Sitio Web sexan da maior calidade posible, pero non garante a exactitude, exhaustividade e actualidade dos mesmos. O acceso ao Sitio Web e a utilización que poida facerse da información e contidos que aparecen, é responsabilidade exclusiva dos Usuarios. CASA GAZPARA non responderá das consecuencias, danos ou prexuízos que puideran derivarse de dito acceso ou uso da información ou dos contidos. CASA GAZPARA non garante a ausencia de virus ou calquera outro elemento informático daniño. Será responsabilidade dos Usuarios a utilización das ferramentas, medios ou sistemas axeitados para a detección e desinfección dos elementos informáticos daniños. CASA GAZPARA non será responsable dos virus ou demais programas informáticos que deterioren ou poidan deteriorar os sistemas ou equipos informáticos dos usuarios ao acceder á súa web ou outras webs ás que se accedera mediante enlaces desta web.

CASA GAZPARA non se fai responsable da fiabilidade e rapidez dos hiperenlaces que se incorporen na web para a apertura doutras. CASA GAZPARA non garante a utilidade destes enlaces, nin se responsabiliza dos contidos ou servizos aos que poida acceder o usuario por medio destes enlaces, nin do bo funcionamento destas webs.

CASA GAZPARA non garante a dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento do Sitio Web e/ou dos seus servizos.

6.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Os textos, imaxes, sons, animacións, vídeo e o resto de contidos deste Sitio Web son propiedade de CASA GAZPARA ou de terceiros, que licenciaran ou autorizaran a CASA GAZPARA para o seu uso. Todos os logotipos, marcas e deseños industriais que aparecen neste Sitio Web forman parte dos dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial rexistrados por CASA GAZPARA, quedando prohibida a copia, reprodución, distribución, transformación, comunicación pública ou calquera outra acción similar, de todo ou parte dos contidos do Sitio Web, polo que ningún usuario poderá levar a cabo estas accións sen a autorización previa e por escrito de CASA GAZPARA.